Como case todos sabedes xa temos calendario oficial para a tempada 2012-2013, podedes velo con mais detalle na aplicación da marxe dereita do blog (click en calendario e logo no escudo do depor). A destacar neste inicio de liga as xornadas da VI á IX, onde visitaremos o Bernabeu e Vallecas, recibiremos ó Barça e visitaremos Balaídos respectivamente.
Por outra banda a plantilla atópase
Bueno, podedes xa ir comentando se vos parece cál podería ser a primeira excursión da peña..., sen outro particular (como diría o presi) quedades emprazados para tomar unhas na santa sede o venres a partires das 7:30/8:00.
Unha aperta e Forza Depor!
Ben Susete, ben...actualizando...Bon o tema Pizzi parece q é un gran fichase pero xa veremos agora lle toca demostralo sobre o campo,por certo alguén sabe se ben cedido?,mercado?,alugado?non tiña outra movida q facer????...
ResponderEliminarPor outra banda emprazo a abrir canto antes un debate profuso sobre a terceira viaxe PARQUE ON TOUR! (habida conta de q a primeira foi Numantia e a segunda será Lucus Augusta), eu xa vedes q me decantei por Vallecas.
Un bico.
Por certo xa vos informo q non sei nada d Pachi...
ResponderEliminareu, con toda a dor do meu corazon, se vallekas é o finde do 7 de outubro non podo ir, xa que teño a voda da miña irmá :-(
ResponderEliminarpareceme ben o de tomar unhas no parque hoxe; a ver se non diluvia....
saudaçoes independentistas e internacionalistas
por certo, non me gusta misturar politica e deporte (bueno, si) pero creo que hai que comezar a tomar en serio o tema de incendialo todo....
ok vice, o primeiro é o primeiro, o tema é que non vexo outros destinos para a primeira volta..., so granada que é moi cedo (setembro) e donosti (plena costa de xaneiro)
ResponderEliminarengado unha foto sacada de twiter, non é fake nin está sacada dunha película de M.Jose Fox...
https://twitter.com/carlosbardem/status/223569697545785344/photo/1/large
a todo isto: este ano iremos a vigo!!!!!!!!! non o vexo como opcion. entendo que se da por suposto que imos
ResponderEliminarvou mirar un voo pra **** ou desde **** ata Londres. A min cundeme mais esa viaxe, se hai q ir a Vallecas, pois imos q tamen esta de puta madre e teño voos baratos.
ResponderEliminarmerda, so poñen a data da xornada non a hora. Fuck off. O mellor Vallecas é unha opcion boa, asi xa vindes todo o finde. Ok, I´ll break any local
ResponderEliminarBueno parkistas, xa se pode dicir que a peña é oficial. Nunhos días sairá publicado en Canaldeportivo.
ResponderEliminarADIANTE!!!!.
Como ben dixo o Tesoureiro Pachi respondeu e xa podemos decir q somos unha peña totalmente confirmada.
ResponderEliminarAnte esta situación e tanto para explicarvos os pasos q a diretiva deu nestes meses asi como para organizar definitivamente o organigrama e tomar unhas cantas decisións de orde estrutural se convoca a todos os asociados a 2ª Asamblea da PEÑA DEPORTIVISTA "O PARQUE" a cal tera lugar na sede da mesma o venres 20 de Xullo as 20:00h en primeira convocatoria e as 20:30h en segunda convocatoria.
Pregase puntualidade (Suso....) e asistencia, en caso de non poder asistir calquera membro podrá delegar o seu voto nun membro da peña.
Ao longo do día de hoxe ou como moi tarde maña se subirá ao blogue unha relación dos puntos a tratar na susodita Asamblea sen que isto quite de que se poidan tratar máis temas a petición dos asistentes
Un saudo cordial
tres cousas
ResponderEliminar- un dos puntos da asemblea a de ser o da churrascada, que xa me comentou luis de a ver cando a faciamos.
- o tesoureiro de louzara xa comeza a cagar patatillas co de ir a vigo.....
- o novo escudo da peña que figura nesta web hai que melloralo; miña nai querida!!!!
¿Cando dixo o tesoureiro da peña que non iba a vigo?. Creo recordar que era o único que quería ir a tempada pasada.
ResponderEliminarOutro punto da asamblea debería ser definir as funcións do vicepresidente, que non fai nada de nada.
Bicos
parecenme ben os puntos a tratar na asemblea, estou pensando en facer un concurso de escudos/logotipos para a peña xa que este que fixen e provisional e a modo de coña xa que o anterior tiña copyrigh, se alguen se anima... xa sabe...
ResponderEliminarsaudos