domingo, 30 de septiembre de 2012

Xornada 6 (30 Setembro)


Boas rapaces,

Esta tarde temos partidazo, vemonos na sede a partir das 7 pra coller sitio

 Voltamos a un campo importante donde xa fixemos historia e tentaremos darlle outro disgusto ós merengues

 ♫nunca podre olvidar... ♫♪... la copa del centenario, se la ganamos al madrid...♪


Unha aperta e Forza Depor!


Alineaciones probables:


Real Madrid: Casillas; Arbeloa, Ramos, Pepe, Marcelo; Xabi Alonso, Khedira; Di María, Modric, Cristiano Ronaldo; Benzemá.

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Aythami, Marchena, Evaldo; Bruno Gama, Abel Aguilar, Juan Domínguez, Pizzi; Valerón e Nelson Oliveira.

Árbitro: Ayza Gámez (Colegio Valenciano)
Estadio: Santiago Bernabéu
Hora: 19:50
TV: Canal + Liga / GOL T

lunes, 24 de septiembre de 2012

Xornada 5 (24 de Setembro)

Boas peñistas,


 Vémonos a partir das 7 na sede para encarar este duro partido contra o Sevilla.

 Alineacións probables:

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Aythami, Marchena, Evaldo; Abel Aguilar, Juan Dominguez, Bruno Gama, Pizzi; Valerón e Nelson Oliveira

 Sevilla: Palop; Cicinho, Botía, Spahic, F. Navarro; Maduro, Medel, Rakitic; Jesús Navas, Trochowski e Negredo.

 Árbitro: González González

 Estadio: Riazor Hora: 21:30 (La Sexta) Vellos coñecidos no banco visitante como Victor o dono da banda dereita do Depor durante tantos anos e o mítico michel...ó que haberá que cantarlle algo :)

Apertas e Forza Depor

domingo, 23 de septiembre de 2012

Fotos inauguración @patricoruna

Fotos inauguración

Longa vida á peña "o parque"

 A inauguración oficial de peña foi todo un éxito, cando a xente pon un pouco de vontade as cousas tenden a sair ben e esta volta non foi menos.

Quero felicitar a directiva da peña polo éxito do evento, así como a todolos amigos que estiveron alí e que fixeron posible esta gran festa: peñistas, parkistas,xogadores(bruno,salomao e x.vazquez),directivos do clube (pachi), xornalistas, membros da federación de peñas,etc

Quero destacar por último a ilusión da sección xuvenil que disfrutaron coma o que son da presenza dos seus ídolos e garantizan un bo porvir a esta nosa peña.

Unha aperta grande tamén para os peñistas no exilio :)

Forza depor!


Quiniela xornada 7 (23-9-2012)


domingo, 16 de septiembre de 2012

Xornada 4 (Domingo 16 de Setembro)

Moi boas!

Esta tarde non hai siesta..,  voltamos tralo parón con máis forza á procura dos 3 puntos en Granada.

Vémonos a partires das 4 na sede da peña para levar en volandas ós nosos :)

Aproveito para comentar que este xoves faremo-la inauguración oficial da peña, estou a espera do comunicado oficial do presi con toda a información sobre este evento para compartilo con todos vós.

Por outra banda, a próxima xornada comezaremos a facer unha quiniela semanal que será feita por algún dos socios na sede e posteriormente será colgada no blog. Así que ánimo!, este é o momento de demostrar os vosos coñecementos futbolisticos pra poder ser unha peña máis "rikinha" :P

Alineacións probables:

Granada: Toño; Nyom, Siqueira, Íñigo López, Mainz; Iriney, Mikel Rico, Orellana; Torje, El Arabi e Floro Flores.

Deportivo de La Coruña: Aranzubia; Manuel Pablo, Marchena, Aythami, Evaldo Fabiano; Abel Aguilar, Juan Domínguez; Bruno Gama, Valerón, Pizzi; e Riki.

Árbitro: Jesús Gil Manzano (C. Extremeño).

Estadio: Nuevo Los Cármenes.

Hora: 16.00.

Un saudo e forza depor!!

sábado, 1 de septiembre de 2012

Xornada 3 (Sábado 1 de Setembro)

 Moi boas!

O fútbol de primeira ten unha nova cita en Riazor. Tralo gran traballo dos nosos rapaces en Valencia, este sábado ás 8 temos un apaisoante partido contra o Getafe. Quedades emprazados a partir das 5:30/6 para tomar a primeira na sede antes de arrincar para o estadio.

Alineacions probables:

 Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Aythami, Marchena, Evaldo; Abel Aguilar, Juan Domínguez; Bruno Gama, Valerón, Pizzi; e Riki.

 Getafe: Moyá; Valera, Lopo, Alexis, Miguel Torres; Xavi Torres, Míchel; Diego Castro o Pedro León, Barrada, Lafita; e Adrián Colunga.

Árbitro: Mateu Lahoz,  Riazor, sábado 20 horas.


En canto ás fichaxes de última hora Lendoiro anunciou a incorporación do Tiago Pinto un lateral esquerdo portugués de 24 anos que loitara por un posto con Evaldo e Ayoze. Comentase que terá ficha do equipo filial polo momento e esta á espera de supera-lo recoñecemento médico.

Por outra banda, todo apunta a que a primeira viaxe do ano será a Bilbao a finais de Novembro, polo que agradecería que os que estedes interesados vaiades comentando para saber máis ou menos cantos seremos e planificalo todo con tempo. Este tema será un dos puntos fortes a tratar na próxima asemblea así que ídeo pensando e aforrando.. :)

Un saúdo e Forza Depor!