jueves, 12 de julio de 2012

Quencendo motores

Ola Parkistas

Como case todos sabedes xa temos calendario oficial para a tempada 2012-2013, podedes velo con mais detalle na aplicación da marxe dereita do blog (click en calendario e logo no escudo do depor). A destacar neste inicio de liga as xornadas da VI á IX, onde visitaremos o Bernabeu e Vallecas, recibiremos ó Barça e visitaremos  Balaídos respectivamente.

Por outra banda a plantilla atópase nas montañas suizas na mítica Vilalba iniciando a pretempada. Unirase ó grupo o portugués Pizzi, un habilidoso atacante que será presentado esta tarde as 19:30 en Riazor e que o ten todo para triunfar na Coruña (ser portugués e fracasar no patético de madrid :) )

Bueno, podedes xa ir comentando se vos parece cál podería ser a primeira excursión da peña..., sen outro particular (como diría o presi) quedades emprazados para tomar unhas na santa sede o venres a partires das 7:30/8:00.

Unha aperta e Forza Depor!



12 comentarios:

  1. Ben Susete, ben...actualizando...Bon o tema Pizzi parece q é un gran fichase pero xa veremos agora lle toca demostralo sobre o campo,por certo alguén sabe se ben cedido?,mercado?,alugado?non tiña outra movida q facer????...
    Por outra banda emprazo a abrir canto antes un debate profuso sobre a terceira viaxe PARQUE ON TOUR! (habida conta de q a primeira foi Numantia e a segunda será Lucus Augusta), eu xa vedes q me decantei por Vallecas.
    Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Por certo xa vos informo q non sei nada d Pachi...

    ResponderEliminar
  3. vicepresidente revolucionario13 de julio de 2012 a las 10:54

    eu, con toda a dor do meu corazon, se vallekas é o finde do 7 de outubro non podo ir, xa que teño a voda da miña irmá :-(
    pareceme ben o de tomar unhas no parque hoxe; a ver se non diluvia....
    saudaçoes independentistas e internacionalistas

    por certo, non me gusta misturar politica e deporte (bueno, si) pero creo que hai que comezar a tomar en serio o tema de incendialo todo....

    ResponderEliminar
  4. ok vice, o primeiro é o primeiro, o tema é que non vexo outros destinos para a primeira volta..., so granada que é moi cedo (setembro) e donosti (plena costa de xaneiro)

    engado unha foto sacada de twiter, non é fake nin está sacada dunha película de M.Jose Fox...

    https://twitter.com/carlosbardem/status/223569697545785344/photo/1/large

    ResponderEliminar
  5. a todo isto: este ano iremos a vigo!!!!!!!!! non o vexo como opcion. entendo que se da por suposto que imos

    ResponderEliminar
  6. vou mirar un voo pra **** ou desde **** ata Londres. A min cundeme mais esa viaxe, se hai q ir a Vallecas, pois imos q tamen esta de puta madre e teño voos baratos.

    ResponderEliminar
  7. merda, so poñen a data da xornada non a hora. Fuck off. O mellor Vallecas é unha opcion boa, asi xa vindes todo o finde. Ok, I´ll break any local

    ResponderEliminar
  8. Bueno parkistas, xa se pode dicir que a peña é oficial. Nunhos días sairá publicado en Canaldeportivo.

    ADIANTE!!!!.

    ResponderEliminar
  9. CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA16 de julio de 2012 a las 10:05

    Como ben dixo o Tesoureiro Pachi respondeu e xa podemos decir q somos unha peña totalmente confirmada.
    Ante esta situación e tanto para explicarvos os pasos q a diretiva deu nestes meses asi como para organizar definitivamente o organigrama e tomar unhas cantas decisións de orde estrutural se convoca a todos os asociados a 2ª Asamblea da PEÑA DEPORTIVISTA "O PARQUE" a cal tera lugar na sede da mesma o venres 20 de Xullo as 20:00h en primeira convocatoria e as 20:30h en segunda convocatoria.
    Pregase puntualidade (Suso....) e asistencia, en caso de non poder asistir calquera membro podrá delegar o seu voto nun membro da peña.
    Ao longo do día de hoxe ou como moi tarde maña se subirá ao blogue unha relación dos puntos a tratar na susodita Asamblea sen que isto quite de que se poidan tratar máis temas a petición dos asistentes

    Un saudo cordial

    ResponderEliminar
  10. tres cousas

    - un dos puntos da asemblea a de ser o da churrascada, que xa me comentou luis de a ver cando a faciamos.
    - o tesoureiro de louzara xa comeza a cagar patatillas co de ir a vigo.....
    - o novo escudo da peña que figura nesta web hai que melloralo; miña nai querida!!!!

    ResponderEliminar
  11. Defensor del peñista16 de julio de 2012 a las 14:47

    ¿Cando dixo o tesoureiro da peña que non iba a vigo?. Creo recordar que era o único que quería ir a tempada pasada.

    Outro punto da asamblea debería ser definir as funcións do vicepresidente, que non fai nada de nada.

    Bicos

    ResponderEliminar
  12. parecenme ben os puntos a tratar na asemblea, estou pensando en facer un concurso de escudos/logotipos para a peña xa que este que fixen e provisional e a modo de coña xa que o anterior tiña copyrigh, se alguen se anima... xa sabe...

    saudos

    ResponderEliminar