domingo, 16 de septiembre de 2012

Xornada 4 (Domingo 16 de Setembro)

Moi boas!

Esta tarde non hai siesta..,  voltamos tralo parón con máis forza á procura dos 3 puntos en Granada.

Vémonos a partires das 4 na sede da peña para levar en volandas ós nosos :)

Aproveito para comentar que este xoves faremo-la inauguración oficial da peña, estou a espera do comunicado oficial do presi con toda a información sobre este evento para compartilo con todos vós.

Por outra banda, a próxima xornada comezaremos a facer unha quiniela semanal que será feita por algún dos socios na sede e posteriormente será colgada no blog. Así que ánimo!, este é o momento de demostrar os vosos coñecementos futbolisticos pra poder ser unha peña máis "rikinha" :P

Alineacións probables:

Granada: Toño; Nyom, Siqueira, Íñigo López, Mainz; Iriney, Mikel Rico, Orellana; Torje, El Arabi e Floro Flores.

Deportivo de La Coruña: Aranzubia; Manuel Pablo, Marchena, Aythami, Evaldo Fabiano; Abel Aguilar, Juan Domínguez; Bruno Gama, Valerón, Pizzi; e Riki.

Árbitro: Jesús Gil Manzano (C. Extremeño).

Estadio: Nuevo Los Cármenes.

Hora: 16.00.

Un saudo e forza depor!!

1 comentario: