sábado, 1 de septiembre de 2012

Xornada 3 (Sábado 1 de Setembro)

 Moi boas!

O fútbol de primeira ten unha nova cita en Riazor. Tralo gran traballo dos nosos rapaces en Valencia, este sábado ás 8 temos un apaisoante partido contra o Getafe. Quedades emprazados a partir das 5:30/6 para tomar a primeira na sede antes de arrincar para o estadio.

Alineacions probables:

 Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Aythami, Marchena, Evaldo; Abel Aguilar, Juan Domínguez; Bruno Gama, Valerón, Pizzi; e Riki.

 Getafe: Moyá; Valera, Lopo, Alexis, Miguel Torres; Xavi Torres, Míchel; Diego Castro o Pedro León, Barrada, Lafita; e Adrián Colunga.

Árbitro: Mateu Lahoz,  Riazor, sábado 20 horas.


En canto ás fichaxes de última hora Lendoiro anunciou a incorporación do Tiago Pinto un lateral esquerdo portugués de 24 anos que loitara por un posto con Evaldo e Ayoze. Comentase que terá ficha do equipo filial polo momento e esta á espera de supera-lo recoñecemento médico.

Por outra banda, todo apunta a que a primeira viaxe do ano será a Bilbao a finais de Novembro, polo que agradecería que os que estedes interesados vaiades comentando para saber máis ou menos cantos seremos e planificalo todo con tempo. Este tema será un dos puntos fortes a tratar na próxima asemblea así que ídeo pensando e aforrando.. :)

Un saúdo e Forza Depor!

5 comentarios:

  1. http://ultrasshop.com/?menu=sklep&mkat=CHOREOGRAFIA&kat=flagi_na_plot

    ResponderEliminar
  2. Moi boas!

    O fútbol de primeira terá unha nova cita en Riazor. Tralo gran traballo dos nosos rapaces na SEGUNDA DIVISIÓN,hoxe podemos decir que si, xa esta feito, o Depor e de primeira!!!. Agora a esperar polas baixas e reforzos de cara a nosa volta a categoria de ouro do futbol estatal...
    A VER BLOGGEIRO AGORA Q XA ENTREGACHES TODO O Q TIÑAS Q ENTREGAR CAL É A DESCULPA???...

    ResponderEliminar
  3. ninguen comenta nada nas entradas, normal que o blogueiro se canse de publicar... eu cansariame

    ResponderEliminar
  4. Non sei q e iso das entradas en comentarios a xente movese...

    ResponderEliminar